“A risa é a distancia máis curta entre dúas persoas”
Benvidas á web de Cirkompacto!. Somos unha compañía de artes escénicas que crea os seus propios espectáculos e personaxes. Encántanos o Clown, o slapstick e o humor físico e xestual pero… non quedamos só en iso!. Desenvolvemos técnicas como o duo de portés, a acrobacia e o baile excéntrico.
Facemos o que vén denominando “Novo Circo”. O que máis nos gusta é participar en festivais de teatro de rúa pero, coas técnicas que dominamos e os nosos coñecementos sobre caracterización, personalizamos todo tipo de eventos tipo festas, feiras, ceas, etc.
Goza da túa experiencia na nosa web e… non esquezas seguirnos nas RRSS!!
“É valente quen busca a felicidade propia e a dos demais”
Abel Perez Rojas
Por que facemos o que facemos?
En Cirkompacto adicámonos ás Artes Escénicas por vocación; porque cremos que a cultura e a educación son as únicas ferramentas útiles para forxar unha sociedade e un futuro mellores.
Somos profesionais en formación constante porque nos ilusiona o que facemos e querémolo facer ben. Somos persoas adultas críticas co seu traballo, porque… ser pallaso é unha cousa moi seria!.
A ilusión é o noso motor e é o que queremos contaxiar ao noso público.


Misión
A nosa misión é clara: Salvar aos seres humanos e ao mundo da tiranía imposta pola queixa constante, o desasosego e a negatividade imperante nas RRSS e as novas formas de comunicación.
Recuperaremos o espazo público como lugar de encontro e sociabilización para que as persoas poidan rir xuntas!

Visión
Sinceramente: en este punto ambos flaqueamos. Somos miopes, pero lo suplímolo con lentes de contacto.
Sen embargo, non olvidamos que a opción máis cómoda na intimidade adoitan ser os anteollos. Pero en escena, como facemos acrobacias, resultan bastante molestas.

Valores
Os nosos valores en bolsa cotizan estes días con elevadas revalorizaciones no período. Por outra banda e dados os condicionamientos habituais, os cambios non están a pasar inadvertidos no parqué.
A pesar diso, analistas de distintos brokers móstranse optimistas sobre a marcha e o futuro, recomendando ao inversor a súa adquisición.
Aínda non lle deches a Gústame? Séguenos nas RRSS!