Los Bobbies encuentran una pista

ALTO Á AUTORIDADE!

A elite entre os comandos mellor preparados das Forzas Armadas máis poderosas do mundo, a crema e nata das operacións especiais, nada ten que ver con estes dous entrañables personaxes: Os BOBBIES.

Farto de ver jipis e melenudos nos espectáculos culturais? Non se preocupe! Esta parella de axentes irromperá para instaurar a orde

O TENENTE

O Tenente é un idiota, pero el non o sabe. Crese un axente dos que xa non quedan, un Clint Eastwood da vida. Pero en realidade é bastante vago e un pouco miedica. O que si ten é bo olfacto para os delitos; detecta malfeitores mesmo onde non os hai. Aínda que tenta disimulalo ten un gran corazón e sempre se preocupa moito pola súa compañeira.

.

O CABO

Si, si: O Cabo. Ao Tenente non lle entra na cabeza que existan mulleres no corpo e nunca se refire a ela en feminino. É un amor de persoa; delicada, coidadosa, lista, divertida… é imposible non querela. Pero tamén ten o seu: é despistada a moreas e sempre anda amolando ao Tenente para rirse del.

.

Esta divertida parella cómica foi creada para a presentación de galas de Circo e espectáculos, pero tamén conta cun número de portes acrobáticos e slapstick de 10-15 minutos de duración. É unha aposta segura: un duo clásico de pallasos con acrobacia e slapstick polo medio.

Entran a escena irrompendo no evento, simulando unha intervención policial que mergulla ao público e engánchao, facéndolles partícipes desde o primeiro momento.

Se queres seguir as aventuras desta singular parella de policías, podes botar un ollo e subscribirche ás nosas Redes Sociais:

“Subscríbeche sen medo, non somos nada pesados. Non aspiramos a gañar un duro con internet. Somos pallasos e, de cando en vez, subimos algunha bobada. Sen máis aspiración que alegrarche o día.”

Cirkompacto