Los Hell Brothers posando

Hell

Brothers

O Mal pode ser terriblemente divertido!

Rejhuz e Glakghs son os Hell Brothers; fillos do mesmo Satanás. Con todo, o seu pai, farto de aguantar a estes dous ninis malcriados, decidiu expulsalos do averno para que aprendan a gañar o mal por eles mesmos; aspirando así a poder ser emérito ao fin.
Rejhuz, o maior dos dous, é un ególatra petulante que inventou un aparello para enganar á xente coa finalidade de conseguir as súas almas, demostrando así ao seu pai que é un digno herdeiro.

Xunto a Glakghs, a súa irmá pequena, unha completa tarada que lle segue a todos lados, chegan á terra dispostos a dominar á humanidade pero… que se van a atopar? de verdade estes dous “pobres diaños” son tan malos como presumen?.

Hell Brothers posando en el Estudio Prolight

Hell Brothers é a nosa primeira creación longa como compañía e apostamos forte por el. É un espectáculo de clown cun estilo moi ” Cartoon”no que se desenvolven técnicas como o slapstick, a acrobacia, dúo de portés, baile excéntrico, e mesmo un Quick- Change no interior de dous globos xigantes.

Hell Brothers é unha idea orixinal de Cirkompacto posta en escena e dirixida por Walter Velázquez con Jorge Mendez asesorando nas técnicas de Slapstick, e Alba Cotelo nas técnicas coreógráficas. O deseño de luces é obra de Nacho Martin. Conta cun vestiario exclusivo deseñado por Anahi Taraburelli e adaptado ao quick change. Os zapatos son obra de A Man Sa.

A escenografía esta pensada, deseñada e fabricada exclusivamente por Cirkompacto: Entra en escena completamente desmontada escondida nos baúis e vai vestindo o escenario a medida que avanza a dramaturxia. Os seus dous elementos principais son o Pecator 3000 e o Evil Tester.

Fotos de estudio de los Hell Brothers

O Evil Tester consta á súa vez de dous elementos; o mando testeador e o Evil Scale

O mando apúntase cara a calquera persoa e cando detecta a súa maldade emite un son e envía os datos ao Evil Scale, unha escala na que se reflicte o nivel de maldade das persoas , ou seres, que son testeadas.

Feito a man en madeira tallada, conta con 6 Matrices Led RGB de 32×16 e tecnoloxía Raspberry Pi para controlalas a distancia a través de frecuencias de radio dende o mando.

Do mesmo xeito que o Pecator é completamente autónomo enerxéticamente e pregable para ser introducido no baúl.

O Pecator 3000 é un dispositivo deseñado para aumentar a maldade. Grazas ao seu uso pode beneficiarse das poderes que brinda o Mal, pero…COIDADO! podería ter efectos secundarios.

Fabricado coa tecnoloxía e filosofia de Arduino, a partir da reciclaxe dun secador de peluquería modificado, conta cunha estrutura de aceiro pregable que lle brinda unha altura de case dous metros. Ten zumbadores compasados ás tiras de luces leds RGB que se acenden e soan cando se activa o dispositivo.

Hell Brothers é un espectáculo de formato mediano pensado para a súa representación en espazos non convencionais. Apto tanto para rúa como para sala, está totalmente adaptado ás recomendacións de prevención da COVID-19 tanto en exteriores como en interiores. Ten unha duración de 45/50 min aproximadamente.

É un espectáculo de humor físico cuxos personaxes falan unha variante do Gramelot infrahumana. Estreouse o 13 de Julio do 2020 na XXXVII MITCF (Mostra internacional de Teatro Cómico e Festivo) de Cangas.

¡¡Baixa un intre ao noso inferno particular e descobre as nosas últimas novidades seguíndonos en RRSS!!