Tes unha celebración especial e non sabes que facer? Pensaches algunha vez en ofrecer unha animación personalizada? Cóntanos e farémolo posible ou consúltanos e proporcionámosche ideas adecuadas. Ademais da nosa compañía, temos contacto cunha gran rede de profesionais da industria do espectáculo con quen traballamos habitualmente: xuntas daremos resposta ás túas necesidades!

Pasarrúas, celebracións, actores infiltrados, vodas, actos de empresas, bautizos… Engade un toque cultural aos teus eventos e destaca do resto. Cóntanos a túa idea e deixa nas nosas mans o espectáculo para o teu evento. Coñecemos técnicas que cegarán aos asistentes e contamos con material propio, maquillaxe, vestiarios e toda clase de complementos.

Non o penses!

Non o dubides!

Contacta connosco para saber máis, para contarnos a túa idea e xuntos orzaremos o teu evento.

Se queres botar un ollo a eventos nos que participamos, podes botar un ollo ás nosas RRSS e pasar un intre divertido!